Comeza a reordenación do tráfico no Amorne para gañar prazas de aparcadoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Cambre reordena o tráfico rodado no Amorne, consistente na progresiva introdución de rúas de sentido único para obter máis espazo para aparcadoiros e mellorar así a seguridade viaria e o fluxo de vehículos. As novas direccións poranse en marcha nos próximos días. Así o sinalou o alcalde, Manuel Rivas, que  asegura que despois de varias propostas técnicas púxose en marcha unha nova reordenación que elimine os problemas de seguridade e de aparcadoiro que sofre o barrio cambrés.

Algunhas das rúas que sufrirán modificacións no sentido do tráfico, como no caso de Martín Códax e a continuación de Abeleira, onde nestes momentos trabállase na finalización das obras da escola infantil. Sinala que varias das rúas do Amorne mantiñan a dobre dirección a pesar da súa estreiteza, e outras dificultaban o aparcadoiro, polo que se optou por ordenar a maioría das rúas con sentido único e evitando na medida do posible os xiros á esquerda. Desta maneira, o tránsito polo barrio será moito máis fluído e haberá máis prazas de estacionamento, un problema grave que ten un dos barrios con maior poboación de todo o municipio. Tras a reordenación das rúas Abeleira, Martín Códax, Estanque, María Mariño, Estanque de Abaixo, Luís Pimentel, Francisco Añón e Telleiro gañaranse prazas novas de aparcadoiro.

13 de abril de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.