Comeza a colocación das novas sinais no municipio de Ribadumia
O Concello de Ribadumia prosegue as actuacións para cumprir o compromiso adquirido pola alcaldesa Salomé Peña cos veciños do municipio e que todas as rúas das seis parroquias que integran o municipio –Ribadumia, Besomaño, Leiro, Lois, Barrantes e Sisán- conten coas sinais pertinentes.
A execución deste proxecto está financiada a cargo do plan da Deputación de Pontevedra PUSIM (Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais), co obxectivo de sinalizar as 241 rúas que integran o municipio ribadumiense.
A colocación de sinais comeza hoxe na parroquia de Barrantes e a actividade desenvolverase ao longo destas semanas. As sinais colocaranse polas parroquias de Ribadumia, Besomaño, Leiro, Lois, Barrantes e Sisán.
Este tipo de actuacións veñen a confirmar que se irá dando solución ás peticións veciñais quedando claro o compromiso e o esforzo en mantemento por parte do Goberno de Ribadumia.
Con esta actuación preténdese unificar o sistema de sinalización en todo o municipio e ademais crear unha boa rede de sinais en vistas ao turismo que se achega a descubrir a paisaxe e as costumes que se atopan nas nosas parroquias.











