Clausúrase II Semana Temática no IES Praia Barraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O IES Praia Barraña de Boiro celebrou, entre o 20 e o 24 de abril, a II Semana Temática dedicada este curso ás “Tradicións e Costumes”. Durante a semana leváronse a cabo unha serie de actividades e exposicións do traballo realizado polo alumnado. O obxectivo fundamental de todo este proxecto, proposto pola Biblioteca Escolar do centro, é fomentar o interese pola investigación no noso alumnado, o interese pola súa contorna, polos nosos costumes, pola nosa tradición.

Inaugurouse a Semana Temática cun concerto didáctico de Narf, “De Rosalía a Craveirinha, A marabillosa viaxe da lingua galega” . Tamén tivemos a sorte contar con Quico Cadaval, o grande contador de historias, e con Uxía, quen nos deleitou cuns talleres de cerámica. O punto e final a esta semana repleta de actividades púxoo o magnífico grupo de baile galego Xilbarbeira, composto por alumnas do noso bacharelato.

24 de abril de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.