Clara Moledo Pesqueira gaña o oitavo sorteo da campaña Estrela de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, a gañadora do oitavo vale de 300 € foi Clara Moledo Pesqueira que recollerá o seu premio o vindeiro luns día 4 de maio ás 13 horas, na sede social da asociación, das mans da Presidenta do CCA Estrela de Marín Dª Isabel Torres Pazos. A gañadora disporá dun mes para canxear o vale, en calquera dos establecementos participantes. A Campaña Estrela, lévase a cabo cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, dende o día 1 de setembro e ata o 30 de xuño de 2015. O seguinte sorteo efectuarase o 29 de maio.

30 de abril de 2015 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.