publicidade hoxe

Chega unha nova edición da carreira solidaria «Corre con Implicadas»

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOleiros
A-
A+

Implicadas No Desenvolvemento organiza o próximo sábado 2 de maio ás 17.00 horas no contorno de Bastiagueiro a súa IV Carreira Solidaria coa que colabora activamente o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña a través do Inef Galicia. Todas as categorías sairán do aparcamento da praia de Bastiagueiro, preto da Casa da Silva (Rúa Mioporos), punto que tamén será a meta para todas elas.

O mesmo sábado no lugar da saída e ata 30 minutos antes do comezo de cada proba poderanse recoller os dorsais na carpa da organización. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. Tamén poderán recollerse hoxe nas instalacións do INEF. De 10.00 a 12.00 horas ao lado de conserxería, e de 15.00 a 21.00 horas na biblioteca do INEF. As instalacións do INEF tamén estarán abertas e á disposición das persoas participantes o día da carreira para facer uso das duchas.

Toda persoa participante que chegue e pase a meta terá un agasallo de Implicadas, unha auga e unha froita. A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: Erradicación Do Infanticidio Feminino en Salem e Empoderamento de mulleres en Tiruchy.

30 de abril de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.