Cen persoas demandan a participación na selección de 8 auxiliares para a Policía Local de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Un total de 100 persoas responderon á convocatoria realizada polo Concello para proceder á selección de 8 auxiliares da Policía Local. A lista provisional de candidatos admitidos e rexeitados está pendurada no taboleiro de anuncios da web municipal dende o día 28 de abril establecéndose un prazo de 5 días hábiles para presentar reclamacións ous subsanar erros.

Os candidatos que resulten finalmente admitidos participarán nas probas de selección que levará a cabo o Concello (consistentes en probas físicas e teóricas) mediante as que se avaliará aos candidatos para proceder á contratación das 8 persoas que maior puntuación obtiñan.

As contratacións dos 8 auxiliares realízase para cubrir as necesidades de servizo da temporada de verán, na que a cidade rexistra un importante incremento poboacional de de tráfico. Os contratos teñen unha duración de catro meses, repartíndose de xeito que 4 dos auxiliares traballarán do 1 de maio ao 30 de setembro e os outros 4 do 1 de xullo ao 31 de outubro.

30 de abril de 2015 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.