publicidade hoxe

Cedeira tramita as solicitudes para participar no programa “Benestar en Balnearios”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira animou esta mañá aos maiores da vila a participar no programa “Benestar en Balnearios”. Para isto, tan só deben acudir ao Departamento Municipal de Servizos Sociais, ubicado na terceira pranta do centro sociocultural. As traballadoras sociais encargaránse de tramitar toda a documentación necesaria para formalizar a inscripción. O prazo permanecerá aberto ata o 14 de maio e o horario de atención ao público é de luns a venres de 10 a 13 horas.

O programa, que promove a Consellería de Benestar e Traballo da Xunta, ofrece estadías subvencionadas de diez días con tratamento termal, aloxamento, manutención e animación sociocultural. A través do mesmo, a Administración autonómica busca contribuír ao mantenemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal, descanso, convivencia e maneiras de ocupar o tempo libre dun modo activo e positivo. Na convocatoria deste ano participan un total de trece balnearios e a duración da estadía é de dez días e nove noites. Estadía a elixir entre os meses de xuño e decembro.

Entre outros requisitos para acceder ao programa, estipúlase que os beneficiarios deben ter máis de 60 anos ou máis de 55 e reunir a condición de pensionista; residir na Comunidade galega; valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, precisar o tratamento termal e carecer de contraindicación reglamentaria, ou ter aceptado a praza e o pago do prezo estipulado no prazo marcado. Por último, sinalar que, coa subvención da Xunta, a persona beneficiaria terá que aboar un importe que varía en función do balneario seleccionado.

28 de abril de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.