Catro atletas da Sociedade Ximnástica compiten mañá no nacional Universitario
Entre fin de semana celébrase en Cartaxena o Campionato de España de atletismo do Deporte Universitario, coa presenza de catro atletas da Sociedade Ximnástica, que competirán baixo as cores das súas respectivas universidades. Mañá mércores comezará o Campionato. Ás 12:05 horas, disputaranse as semifinais de 800 metros, coa presenza de Alberto Guerreiro; media hora máis tarde, 12:35 horas, os 200 metros contarán con Alberto Salcedo, que foi medalla de bronce o ano pasado, nas súas series de semifinais e ten bastantes números para correr a final ás 18:50 horas da tarde.
Ás 12:20 horas comezará a final de lanzamento de xavelina con Manuel Castellanos e o xoves haberá presenza dos atletas da Ximnástica, nos 100 metros, con Gonzalo Sánchez-Camacho e de novo Alberto Salcedo; que terán as semifinais ás 11:20 horas e a final ás 12:45 horas, practicamente pecharán o Campionato.
As mozas da Sociedade Ximnástica triunfan nas últimas carreiras populares
Tras o Maratón da Coruña, que congregou toda a atención dos populares galegos, numerosas carreiras populares celebráronse nos últimos días. Hai que rescatar a tres delas onde as atletas da Sociedade Ximnástica estiveron no alto da clasificación.
Na Estrada celebrouse unha carreira atípica, a “Estrada Vertical” sobre 2 quilómetros que contou coa presenza de Cristina González. Non o fixo nada mal ao conseguir a segunda posición na categoría feminina.
A Universidade de Vigo, organizou de novo a súa carreira. A HappyGoRuning, contou coa presenza dos mellores fondistas do sur de Galicia, a destacar a actuación de Rocío Rodríguez, segunda nos 10 km. de percorrido.
Por último Ourense celebrou outra carreira do seu circuíto de carreiras populares, a denominada “Vinte e un”, onde Eva Iglesias rozou o podio feminino ao conseguir a cuarta posición.











