Castañam revoluciona o Salón Gourmets de Madrid cunha empanada con farriña de castaña
Éxito. Esta palabra é a que define a acollida dos produtos galegos no Salón Gourmets de Madrid. O pavillón 6 do IFEMA (Instituto Ferial de Madrid) convertiuse nun punto de referencia para todos os visitantes: o stand dos produtos de Galicia. Entre eles, un novo produto que presenta como un alimento tradicional e asentado nas mesas de todas as casas e restaurantes, pode ser pioneiro e innovador: pan e empanadas con fariña de castaña. A idea orixinal de produto parte da investigación de Rubén Riós, que tras presentar a empresa de elaboración de embutidos Secreto Galaico, embárcase nesta nova experiencia gastronómica, presentando un produto 100% galego totalmente xenuíno e diferente. Como reza o slogan da súa marca, Castañam presenta un produto natural, único e distinto.
Tralo éxito deste produto no Fórum Gastronómico d´A Coruña, Rubén Riós estivo presente esta semana no Salón Gourmets na capital española, onde compartiu este produto con personalidades do mundo da gastronomía que se amosaron interesados no produto. O pan de fariña de castaña e as empanadas con diferentes variedades e especialidades: chourizo e panceta, lacón afumado, vexetal, mazá, mexillóns e tenreira galega e queixo. Ademais, tanto a masa como o interior das mesmas está elaborada con produtos 100% galegos.
Os produtos de Castañam xa están disponibles en diferentes tendas e establecimientos de Galicia e no resto da Península e a penetración que está a ter o produto no mercado, invita a unha excelente implantación desta nova forma de entender a gastronomía.











