publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Carral acolle o sábado o seu I Torneo e o seu XV Certame de Ximnasia Rítmica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportes
A-
A+

O sábado 2 de maio terá lugar no pavillón municipal do Espiño a rítmica provincial centrarase en Carral, pola mañá co I torneo de ximnasia rítmica da localidade e pola tarde co XV certame municipal de ximnasia rítmica.

Ao redor das 10.30 da mañá, dará comezo o I Torneo de Ximnasia Rítmica de Carral. Este evento deportivo e de carácter competitivo, está organizado polo club X.R. Carral en colaboración co Concello. Desenvolverase ao longo de 2 horas e un total de 44 actuacións divididas en 8 categorías, desde babie ata sénior. Nesta primeira edición os clubs participantes serán o Mª Barbeito, Ximnasia Coruña, X.R.Abegondo, Obradoiro, X.R.Compostela, Compañía de María, X.R. Oza/Cesuras, Acordes, X.R. Oroso, e por suposto o X.R. Carral. As actuacións serán valoradas por xuíces federadas que determinarán as campioas. Ao terminar o torneo, os tres mellores grupos de categoría entregaráselles o trofeo de mans do concelleiro de deportes Diego Otero.

Xa pola tarde, ao redor das 17.00, dará comezo a XV edición do Certame de Ximnasia Rítmica de Carral. Nesta edición participarán mozas do Colexio Mª Barbeito, Compañía de María, Oza/Cesuras, Sacra Familia e as Escolas Municipais de Abegondo e Carral. Este evento deportivo ten un carácter de mostra e exhibición a diferenza do torneo mañaneiro. As idades das deportistas oscilarán entre os 3 anos das máis precoces e os 17 das máis “veteranas”. En total espérase contar cun número aproximado de 170 ximnastas, que desenvolverán un total de 37 actuacións, tanto colectivas como individuais. A longo da hora e media que durará a exhibición, as deportistas demostrarán o seu dominio nas diferentes disciplinas deste deporte; mans libres, corda, pelota, cinta, aro e mazas. Unha vez terminada a actuación faráselles entrega a todas as deportistas dunha medalla conmemorativo do certame.       

30 de abril de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.