Carballo sinaliza as novas 15 prazas de estacionamento en Zona Azul na rúa Jacinto Amigo Lera

Pintado da zona azul
O Concello vén de realizar hoxe os labores de sinalización para as novas 15 prazas de estacionamento regulado por Zona Azul situadas na rúa Jacinto Amigo Lera da capital Municipal. Ás 11.00 horas xa tiña rematado o pintado dos aparcamentos, que forman parte da sexta fase de implantación da Zona Azul na capital municipal na que está previsto crear 41 novas prazas, non só nesta vía, senón tamén nas rúas Compostela e Poñente. Hai que lembrar que os estacionamentos regulados por zona azul limitan o aparcadoiro nas devanditas prazas a 90 minutos e impide, unha vez finalizado o tempo, que o usuario ou usuaria poda estacionar de novo noutro aparcadoiro azul situado a menos de 250 metros do lugar de chegada.
O horario de limitación comprenderá de 9:00 a 20:00 horas, agás os domingos, festivos e a tarde dos sábados, nos que non haberá limitación. O principal obxectivo da Zona Azul é eliminar os denominados vehículos ventosa do centro urbano e facilitar os aparcadoiros nas rúas céntricas para os veciños e veciñas para que podan realizar os seus recados e compras no centro urbano. Nestes momentos Carballo conta con máis de 500 prazas de aparcamentos regulados na zona centro da capital municipal repartidas, segundo consta na Ordenanza de Circulación, na rúa Cervantes, rúa Colón, rúa Desiderio Varela, Valle Inclán, Gran Vía, Praza de Galicia, rúa Martín Herrera, Vázquez de Parga, Barcelona, Fomento, Rúa Pontevedra, Estrela, Vitoria, Ponte, Avenida de Fisterra, rúa Río Anllóns, Igrexa, San Xoan, Rosalía de Castro, Sol, Cemiterio Vello, rúa Río Miño, Álvarez de Sotomaior, Gravador Manuel Facal e Luís Calvo.











