“Cántigas e Frores” celebra a XXXIII edición do Curso de Cultura Tradicional Galega
A Asociación Cultural “Cántigas e Frores” celebrará os vindeiros días a XXXIII edición do Curso de Cultura Tradicional Galega. Este curso terá lugar na cidade de Lugo os días 2,3 e 4 de Abril de 2015.
A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” ven organizando de xeito continuado, durante os últimos 33 anos, este curso, referente para todas as persoas relacionadas co ensino da música e do baile tradicionais, no que se ofertan ensinanzas relacionadas coa cultura tradicional galega. O curso dende o seu comenzo está ubicado temporalmente nas datas da Semana Santa e durante os 33 anos de vida do mesmo, este mantivo unha estructura dinámica que se foi adaptando ás demandas do alumnado asistente e ás tendencias do momento no relativo ó ensino dos diversos aspectos relacionados coa nosa cultura tradicional.
Nesta edición, impartiranse 4 especialidades (Técnicas de baile tradicional, de gaita, de percusión, e de canto e pandeireta) nas que se compaxinan os aspectos teoricos cos aspectos prácticos. Nesta edición contamos con grandes mestres de reconocido prestixio para impartir as aulas do curso, como Pedro David Lamas Varela, que impartirá o curso de gaita, Xela Conde, o de técnicas de canto tradicional, Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’, o de técnicas de percusión tradicional, e Javier Feijoo ‘Chisco’ que impartirá o curso de técnicas de baile tradicional.











