publicidade hoxe

Campaña cidadá para impedir o traslado do DR. Caramazana en Change.org

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Veciños do municipio iniciaron unha campaña na rede, a través do portal Change.org, para impedir o traslado do doutor Rodríguez Caramazana, médico de atención primaria na localidade de Santa Cruz. A petición diríxese á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, concretamente ao Servizo Galego de Saúde.

Na petición sinálase que «O Dr. Caramazana (Paco) é parte das nosas vidas. Unha persoa sinxela, amable, cordial e sobre todo un excelente profesional e unha moi boa persoa. Non podemos permitir que cando algo funciona magnificamente, veñan desde a Administración e secuestren un ben tan prezado como Paco. Por favor, asina esta petición para que os pacientes do Dr. Caramazana poidamos gozar da súa presenza nas nosas vidas e sigamos tendo a tranquilidade que Paco nos infunde».

23 de abril de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.