publicidade hoxe

Cambre pon en marcha un programa de formación sobre marketing dixital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre, dentro do PLAN DE EMPREGO CAMBRE pon en marcha un programa de formación sobre MARKETING DIXITAL. O obxectivo e formar a 15 desempregados de Cambre, que conten previamente cos coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para poder desenvolver postos de traballo como profesionais do marketing dixital. O programa formativo da especialidade “Marketing dixital” está deseñado para profundizar nas funcións intrínsecas desta ocupación e abordar, entre outras cuestions, a investigación de mercados online, o deseño de estratexias de marketing dixital, a optimización de páxinas web, o posicionamento en buscadores, a promoción online, a planificación de campañas de Email, marketing e marketing mobile, o uso das redes sociais e o comercio electrónico, etc…O alumnado realizará un mínimo de 70 horas de traballo práctico en empresa e 200 previamvente nas aulas. Durante este tempo e baixo a dirección do titor de prácticas, realizarán un proxecto. A realización deste proxecto final de curso é obrigatorio para superar o programa formativo. A data de inicio da formación será o vindeiro 11 de maio e de finalización o 17 de xullo, e as clases terán lugar no Centro Municipal de Formación. O perfil do curso céntrase en traballadores preferentemente desempregados, do Concello de Cambre, que conten con coñecementos de informática, social media e Tics, e con habilidades e aptitudes para poder desenvolver postos de traballo como profesionais do marketing dixital.

Terán preferencia:

– Licenciados, diplomados ou graduados en comunicación, turismo, socioloxía, publicidade, relacións públicas, periodismo, marketing, deseño, ADE ou informática.

– Profesionais do ámbito da comunicación ou equivalente.

Valorarase:

– Persoas con experiencia profesional en ocupacións relacionadas

– Emprendedores/as cun proxecto no que proceda esta formación.

INFORMACIÓN E PREINSCRICIÓNS: Na Axencia de desenvolvemento local do Concello de Cambre, a partir do xoves 9 de abril ata o día 20 de abril. TF: 981 613196

8 de abril de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.