publicidade hoxe

Cambados Zona Centro presenta a súa campaña do Día da Nai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Presentación da campaña do Día da Nai

Presentación da campaña do Día da Nai

A asociación Cambados Zona Centro realizou a presentación da Campaña do dia do Nai, que con motivo da celebración de dito día se vai a levar a cabo nos diferentes establecementos asociados. O acto estivo presidido polo presidente da Asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, e contou coa presenza do Tenente Alcalde do Concello de Cambados don Antonio Pombo, e do Director da entidade La Caixa en Cambados, don Jose Malvido Fariña.

A Campaña consiste no sorteo, entre quenes realicen as suas compras, con motivo da celebración do día da Nai, nos establecementos asociados, ata o 3  de maio de: 500 euros en vales compra, repartidos en 10 premios de 50 euros cada un deles.

Para participar, os clientes dos establecementos asociados deberán cubrir co seu nome e teléfono de contacto os boletos de participación que lles serán entregado ó realizar as súas compras.

O sorteo realizarase o venres 8 de maioo no salón de plenos do Concello de Cambados.

14 de abril de 2015 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.