Cámara de Comercio e Concello de Santiago organizan unha xornada sobre a administración electrónica para pemes e autónomos

Xornada para pemes e autónomos
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, inauguraron a xornada gratuíta “Fomento da administración electrónica na peme e autónomos”, organizada polo Concello e a entidade cameral na sede desta última. Esta xornada, destinada ao fomento da administración electrónica nas pequenas e medianas empresas e entre os autónomos, conta como relatores con Raquel Boiza, técnica da Axencia Tributaria (AEAT); Juan Miguel Cuellar coordinador nacional do programa E-Administración da Cámara de España; Rosario Márquez, directora xeral de Camerfirma; e Pedro J. Canut, director xeral de Coloriuris.











