Blusenes Universidade de Vigo non deu opción aos Ingleses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Cumpríronse os prognósticos e un Blusenes Universidade de Vigo moi serio non deu opción a uns Ingleses moi combativos durante todo o partido. Sorprendentes os primeiros 10 minutos nos que os homes dirixidos por Cachopo que se fixo cargo do grupo de forma interina á espera de coñecer quen será o adestrador definitivo de cara á próxima tempada. Os Ingleses encerraron aos Vigueses no seu 22 e mesmo estivo apunto de adalantarse no marcador mercé a un golpe de castigo errado por Pintos. A partir dese momento os homes de Mera e Maxwell espertaron e foi imposible paralos.

O cadro de División de Honra impúxose por un contundente 94-0 e clasifícanse para as semifinais da copa Xunta. Os Ingleses disponse a preparar a tempada de seven e Rugby praia mentres que a directiva esta perfilando o novo proxecto para as próximas tempadas.

Aliñación:  1.Morris, 2. Richi 3. Cilin 4. Marcos 5. Hache 6. J.J. 7. Sito 8. Diego 9. Jairo 10. Pintos 11. Manolito 12. Biris 13. Tiago 14. Inda e 15. Sherman Tamén xogaron: Uru, Cesar Moure, Beloso, Chantre, Carlitos, Xaime, Luís e Jersón.

20 de abril de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.