publicidade hoxe

Biomasa Forestal é a primeira empresa en incorporar o selo Galicia Calidade aos seus pellets

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal Portada
A-
A+

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe, xuntos aos eurodiputados Pilar del Castillo e Francisco Millán, as instalacións da empresa Biomasa Forestal, onde salientou que a compañía vén de conseguir o selo Galicia Calidade converténdose na primeira empresa galega en incorporar este distintivo aos seus pellets.

A consecución do selo, explicou Conde, certifica a orixe e a calidade dos pellets producidos pola compañía a partir de biomasa galega, outorgando o prestixio dun distintivo que garante a trazabilidade do produto.

Neste contexto, o conselleiro resaltou a aposta de Biomasa Forestal pola innovación e a calidade, coa incorporación de novas tecnoloxías ao seu proceso de produción e a adquisición deste selo, que reforza o certificado europeo de calidade co que xa contaba. Deste xeito, subliñou, a empresa configúrase como un referente do sector forestal galego, motivo polo que a visita dos eurodiputados as súas instalacións permite poñer en valor as posibilidades desta industria ante Europa.

Así, e como destacou Conde, Galicia constitúese como unha das principais potencias forestais europeas, tendo na biomasa unha gran oportunidade de crecemento. Por este motivo, incidiu, a Xunta activou o ano pasado unha Estratexia de Impulso da Biomasa Forestal que está a desenvolver en liña coa Estratexia da Unión Europea para potenciar as renovables e coa Estratexia de Especialización Intelixente – RIS3, que apoia a innovación na xestión dos recursos naturais.

Neste escenario, o selo Galicia Calidade garante, aos clientes de Biomasa Forestal e aos do resto de empresas que o acaden, o emprego dun recurso galego, procesado de forma responsable e coa mellor calidade e potencia calorífica. Desta forma, subliñou o titular de Economía e Industria, poténciase o posicionamento do produto galego ante o incremento da demanda internacional.

“Sen ir máis lonxe, Biomasa Forestal exporta o 45% da súa produción á Unión Europea, representando un claro exemplo do escenario actual do sector”, apuntou Conde. Un marco no que Galicia se presenta como a Comunidade española con máis capacidade para producir biomasa forestal, o que unido a calidade do produto a sitúa nunha “posición inmellorable” para acadar o liderado europeo.

16 de abril de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.