Belén do Campo visita a mesa informativa da Asociación Galega contra a Fibrose Quística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Belén do Campo na visita á mesa informativa

Belén do Campo na visita á mesa informativa

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou hoxe na Coruña a mesa informativa da Asociación Galega contra a Fibrose Quística instalada no edificio administrativo do Goberno galego en Monelos con motivo do día nacional desta doenza.

A máxima representante do Executivo autonómico na provincia trasladou aos representantes da entidade o apoio á súa labor e aproveitou para facer un recoñecemento ao grande esforzo feito polos familiares destes pacientes e polos profesionais das asociacións nas que se integran, “cos que é necesario traballar e colaborar”.

A delegada amosouse interesada polas iniciativas que desenvolve a formación, creada en 1985 e integrada na Federación Galega de Enfermidades Raras, a prol do colectivo de persoas con este tipo de doenza, con accións encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos e dos seus familiares.

22 de abril de 2015 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.