Belén do Campo reuniuse co delegado de Defensa en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo esta mañá no seu despacho do edificio administrativo de Monelos unha nova reunión co delegado de Defensa en Galicia, o capitán de navío José Abad Vila, quen lle trasladou a invitación para a presentación do estudo Impacto económico, cultural e social da Defensa, realizado pola Universidade de Barcelona e pola Fundación Bosch i Gimpera, co obxectivo de acadar un análise sobre o impacto económico das Forzas Armadas sobre a economía española.

Do Campo confirmou a súa presenza no acto, que terá lugar o vindeiro 29 de abril no Paraninfo da Universidade da Coruña e correrá a cargo do catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Barcelona e director do equipo investigador, Jordi Suriñach.

No transcurso do encontro, a delegada territorial e Abad Vila manifestaron a súa vontade de continuar a traballar de xeito coordinado en beneficio da sociedade e a estreitar a colaboración entre as dúas institucións que representan.

15 de abril de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.