publicidade hoxe

Beatriz Mato valora a actitude positiva e o envellecemento activo na XVI Xuntanza de confraternidade dos maiores da Pobra do Caramiñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, valorou hoxe a actitude positiva e o envellecemento activo das persoas maiores que lles permiten “gozar desa etapa da vida e aproveitala ao máximo” ao apostar pola actividade, pola saúde, por coñecer xente e por fomentar as relacións interxeracionais.

Beatriz Mato participou na comida de maiores da Pobra do Caramiñal e mostrou a súa satisfacción por poder estar preto deles e escoitarlles “para entender cales son as verdadeiras preocupacións e problemas das persoas” e así “facer unhas políticas sociais deseñadas á medida das persoas, dos veciños e veciñas”.

Os maiores son un “colectivo prioritario” para o departamento autonómico, tendo en conta que “os galegos non só vivimos máis anos, senón que o facemos con maior saúde, con maior calidade de vida, e coa vontade intacta de seguir participando activamente en todos os ámbitos da sociedade”. Por iso, a Administración autonómica está a promover a participación social, fomentar a autonomía persoal e darlles cada vez maior espazo e voz social.

En definitiva, na Consellería incídese na promoción da autonomía de persoas que deben ter a oportunidade de envellecer de forma activa, retrasando todo o que sexa posible o deterioro físico e cognitivo propios da idade e evitando deste xeito a chegada ou o agravamento das situacións de dependencia.

24 de abril de 2015 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.