Axober convoca aos hostaleiros interesados en participar en Carballo por Etapas
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) empeza a quentar motores para a terceira edición de Carballo por Etapas. O primeiro paso é a convocatoria aberta á hostalería carballesa para unha primeira toma de contacto que terá lugar este xoves, día 9, ás 17.30 horas. Os profesionais do sector que queiran sumarse a esta exitosa iniciativa só teñen que acudir á hora sinalada ao local de Axober, na rúa Fomento 21-23, 1º piso. A xunta directiva leva xa varios meses traballando en propostas e ideas que contribúan a mellorar o éxito dos anos anteriores, pero tamén se quere implicar ao sector na toma de decisións á hora de introducir novos ingredientes nunha cita que en só dúas edicións tense convertido nunha ruta de tapas de referencia. Os principais obxectivos de Carballo por Etapas son a promoción da hostalería local e dos produtos autóctonos. Como en anos anteriores, a ruta desenvolverase a carballo entre os meses de maio e xuño.











