Autorízase ao Concello de Pontevedra a modificación do ramal de saída da estación de autobuses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de autorizar a execución das obras solicitadas polo Concello de Pontevedra, consistentes na modificación do ramal de saída da estación de autobuses da capital pontevedresa.

A autorización responde á solicitude remitida desde o Concello de Pontevedra para a reorganización dos accesos á estación segundo o proxecto de Urbanización da rede arterial do estado no municipio de Pontevedra.

O proxecto contempla a construción dunha glorieta na que conflúen o novo acceso desde a N-550 entrando polo sur da glorieta, a avenida da estación polo noroeste e polo leste da mesma e o ramal de saída da estación de autobuses.

Para iso é necesario desprazar uns metros o ramal de saída da estación, retirando o valado existente. Tanto este valado como o que continúa ata o aparcamento da estación será reposto para garantir o control de accesos ás dársenas. Ademais, instalarase un sistema de regulación semafórica na glorieta con priorización para a saída de autobuses. Para iso colocarase un lazo magnético que detecte a chegada de autobuses á glorieta.

 

28 de abril de 2015 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.