Auryn ofrecerá un dos concertos das festas de San Xoán en Carballo
Auryn ten unha lexión de seguidores entre o público adolescente. Non hai máis que ver as súas redes sociais: 245.000 fans en Facebook e 254.000 en Twitter, a rede dos adolescentes por excelencia. A ese público, que non sempre é tido en conta á hora de programar, vai especialmente dedicado o concerto que ofrecerá o 25 de xuño o grupo integrado por BlasCantó, Dani Fernández, Carlos Marco, DavikLafuente e ÁlvadoGango, cinco mozos que se atopan estes días por terras arxentinas e que xa teñen preparados moitísimos concertos por toda España, México e Andorra antes de recalar nas festas de San Xoán de Carballo.Nada máis coñecerse a noticia do concerto a comisión de festas recibiu as primeiras mensaxes de fans de Auryn que queren ter a oportunidade de coñecelos e saudalos durante a súa estancia na capital de Bergantiños.
Auryn é un grupo pop composto por cinco vocalistas que levan xa seis anos sobre os escenarios. O seu primeiro álbum, EndlessRoad, 7058, saíu á rúa sen o apoio de ningunha discográfica e estivo máis de dous anos na lista de súper vendas. Agora mesmo teñen tres discos xa no mercado, e o tema que máis soa nestes momentos é SaturdayI´minlove.
Pero a comisión de festas do San Xoán quere ofrecer música para todos os gustos e para todos os públicos. Nos vindeiros días pecharase o cartel musical das celebracións, que incluirá moitos outros estilos.











