Aurora & The Betrayers actúa no Auditorio de Lugo dentro do Festival Donas do Mundo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa do último concerto da primeira edición do Festival Donas do Mundo e que será a cargo do grupo Aurora & The Betrayers.

Esta cita musical que ten como obxeto o recoñecemento ás artistas musicais femininas que triunfan en diferentes xéneros será o próximo venres 10 de abril no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 21 horas.

Aurora & The Betrayers que se une no 2014 e presenta o seu primeiro traballo Shadowa go Away conseguiron sorprender a crítica e público cun traballo no uqe se reflicte a maxia da personalidade propia con influencias do rock máis clásico, ao pop ou folk norteamericano. Esta banda está catalogada como a proposta máis xenuina do panorama musica nacional e está avalado polo premio Pop-Eye 2014 na categoría de Mellor Banda de Música Negra.

As entradas teñen un prezo de 3 euros e pódense comprar a través de entradaslugo.es, tamén na Oficina de turismo e no propio Auditorio o venres de 18 a 21 horas e o propio dia do concerto.

Este concerto pon o final a un ciclo de música no que tamén participaron a portuguesa Marta Ren e a española Carmen París.

6 de abril de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.