Asínase o contrato de obras de “Sobreanchos e reparación da capa de rodadura en varios camiños de Berdillo, Sofán e Rus”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura do contrato administrativo de obras de “Sobreanchos e reparación da capa de rodadura en varios camiños das parroquias de Berdillo, Sofán e Rus no Concello de Carballo”. Estiveron no acto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e un dos representantes da empresa adxudicataria, Construcciones Ramón Vázquez y Reyno, que realizará a actuación por un importe de 155.485 euros (IVE incluído). No seu momento o prezo base de licitación fora de 182.939 euros, polo que a rebaixa no prezo ascende a 27.454 euros. Está previsto que as melloras afecten aos camiños situados entre O Moucho de Berdillo e A Piña en Sofán; entre Calvelo de Abaixo, en Sofán, e A Reganosa, en Rus; e entre Canosa e O Outón, en Rus. O prazo de execución previsto é de tres meses a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de replanteo. Este proxecto está cofinanciado con cargo aos fondos Feader “Europa inviste no rural” (do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) da Unión Europea nun 75 por cento. Estes fondos perseguen mellorar a competitividade da agricultura e a silvicultura; o medio e a paisaxe; e a calidade de vida nas zonas rurais, así como a promoción da diversificación da economía rural. A actuación tamén recibe un financiamento dun 12,13 por cento do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente; e dun 12,87 por cento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader.

24 de abril de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.