Asime mantén un encontro con Uvigo Motorsport

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Reunión Asime e UVigo Motorsport

Reunión Asime e UVigo Motorsport

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) e Uvigo Motorsport mantiveron hoxe un encontro, na sede de ASIME, para coñecer en profundidade o Proxecto Fórmula Student e estudar fórmulas de colaboración. Os representantes de Uvigo Motorsport destacaron que: “Fórmula Student é a competición interuniversitaria de carácter automobilístico máis importante de Europa. Está baseada nun proxecto formativo interdepartamental que iniciou en Reino Unido en 1998, a través do cal máis de cen universidades de todo o mundo danse cita anualmente en cada un dos circuítos europeos que acollen este evento.”

Ademais sinalaron que “UVigo Motorsport avanza no deseño do seu monopraza co cal pretende representar á Universidade de Vigo e a Galicia nas edicións de Silverstone 2015 (UK), Hockeheim 2015 (Alemaña) e Montmeló 2015 (España).”

O proxecto liderado por este equipo busca a implantación a longo prazo dun modelo de equipo no que se integren ano tras ano alumnos de distintos cursos de Industriais e doutros centros da Universidade, resaltando que: “é necesario para desenvolver un labor de mellora continua e transferencia de coñecemento, como xa fan equipos doutro dez universidades españolas.”

Actualmente, o equipo de UVigo Motorsport componse de catorce estudantes de Enxeñaría Industrial de diferentes ramas (electrónica e automática, mecánica e organización industrial) con experiencia previa en competición deportiva, ademais dos mentores, tres enxeñeiros industriais, ex alumnos da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, que viven e traballan en Reino Unido en importantes empresas dedicadas ao automobilismo de altas prestacións. O apoio destes últimos, xunto ás boas relacións con outros equipos españois, achega a experiencia que está a axudar a UVigo Motorsport a superar eses primeiros problemas propios dos equipos de nova formación.

Enrique Mallón, Secretario Xeral de ASIME, manifestou que: “confiamos na potenciación da industria metalúrxica galega e entendemos que proxectos deste tipo contribúen ao desenvolvemento innovador da mesma, e, é especialmente interesante para ASIME pola vinculación que máis de 200 empresas desta organización temos co mundo do motor, da metalmecánica e do transporte”.

Enrique Mallón, portavoz de ASIME, destacou que: “esta iniciativa permitirá coñecer máis profundamente as potencialidades do noso sector fóra de España e eventos especiais como os de de Silverstone 2015 (UK), Hockeheim 2015 (Alemaña) e Montmeló 2015 (España) son escenarios perfectos para a súa mostra.”

Enrique Mallón, portavoz de ASIME: “as nosas capacidades como sector industrial vinculado ao mundo do motor son coñecidas a nivel internacional, pero é a nosa obrigación continuar promocionando o coñecemento e o desenvolvemento técnico e tecnolóxico, e este grupo universitario seguro que contribuirá a iso, e é unha obrigación para as empresas galegas apoiar este tipo de iniciativas.”

9 de abril de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.