As Ultranoites regresan ao auditorio da Ramallosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O grupo Chévere, compañía residente no Concello de Teo, volve coas Ultranoites ao Auditorio da Ramallosa para rematar o mes de abril e comezar o de maio con tres funcións en días consecutivos o 30 de abril e 1 e 2 de maio, ás 22.00 horas. As entradas para estes espectáculos xa están á venda a través de redenasa.tv.

Así mesmo, Chévere segue a presentar de forma gratuíta o seu espectáculo As fillas bravas por diferentes asociacións municipais e tamén no IES de Cacheiras.

O mes de abril ten dúas citas relevantes, a terceira Exposición Libros de Aquí, na Mediateca do Grilo, onde se expoñen libros de autores e autoras nados ou residentes en Teo e a segunda edición do Certame Canción de Autor que, o sábado 25 de abril seleccionará o gañador de entre as interpretacións que terán lugar no Auditorio da Ramallosa.

Pola súa banda, maio estará centrado con actuacións arredor do Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado este ano, Xosé Filgueira Valverde.

O actor e humorista madrileño Alberto San Juán estará o venres 8 de maio no Auditorio da Ramallosa co monólogo Autorretrato de un joven capitalista español.

1 de abril de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.