As listas do censo expóñense dende o luns na Casa do Concello e na Oficina Municipal do barrio da Ponte
Con motivo das eleccións municipais do vindeiro día 24 de maio, as Listas do Censo Electoral estarán expostas ao público dende o luns, 6 de abril, ata o luns, 13 de abril, nas oficinas do Negociado de Estatística do Concello de Ourense, na Casa do Concello (Praza Maior), e na Oficina Municipal da A Ponte, sita na Avenida de Santiago, número 7.
As consultas na Casa do Concello pódense realizar nos seguintes horarios
Luns, 6 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:30 h.
Martes, 7 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:30 h.
Mércores, 8 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:30 h.
Xoves, 9 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:30 h.
Venres, 10 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:30 h.
Sábado, 11 de abril de 9:00 a 13:00 h
Luns, 13 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:30 h.
As consultas na Oficina Municipal da Ponte, sita na Avenida de Santiago, poderanse realizar desde o luns, día 6 ata o luns, 13 de abril (agás o sábado e o domingo), de 9:00 a 14:00 horas.
Tódolas persoas interesadas deberán presentar o documento de identidade para poder comprobar os seus datos persoais e, en caso de ser preciso, realizar as reclamacións que estimen oportunas.











