As ligas galegas de piragüismo das categorías sénior, júnior, cadete, infantil e kaiak de mar cumpren a segunda xornada
As ligas galegas de piragüismo das categorías sénior, júnior, cadete, infantil e kaiak de mar cumpriron a súa segunda xornada e deixan a varios equipos, tanto na categoría masculina como feminina, como líderes en solitario. O Kaiak Tudense, Ría de Aldán, Cidade de Pontevedra, Portonovo, As Torres Romaría Viquinga e Pontecesures ocupan as primeiras posicións, nalgúns casos en dúas disciplinas. Este novo sistema de puntuación, aplicado na actual tempada pola Federación Galega de Piragüismo, permitirá establecer os campións tanto na categoría masculina como feminina.
O Kaiak Tudense figura á fronte da táboa na categoría sénior masculina, con 140 puntos, seguido polo Vilaboa (136), Breogán do Grove (130), Pontecesures (130) e As Torres (128). Na categoría feminina, é da Ría de Aldán o que domina a competición con 138 puntos. A continuación atópanse o Kaiak Tudense (132), As Torres Romaría Viquinga (132), Breogán (131) e Cidade de Pontevedra (129). Celebráronse dúas regatas puntuables.
En júnior masculino é a Cidade de Pontevedra o que suma xa 135 puntos, dous máis que o Naval, tamén de Pontevedra. Na terceira posición colocouse o Kaiak Tudense (132), na loita o Rías Baixas Boiro (132) e o As Torres Romaría Viquinga (127). A Ría de Aldán é o líder na categoría feminina con 138 puntos, tres máis que o Pontecesures. A continuación están o Rías Baixas Boiro (133), Cidade de Pontevedra (132) e o Firrete (125). Restan por celebrarse catro regatas.
O Portonovo colocouse primeiro na categoría cadete masculina con 138 puntos. Supera en tres á Cidade de Pontevedra. O Verducido Pontillón é terceiro (134), o Rodeira de Cangas é cuarto (130) e o Betanzos (129) figura no quinto posto. Na categoría feminina, o As Torres Romaría Viquinga é o líder con 140 puntos, seis máis que a Cidade de Pontevedra. O Firrete atópase no terceiro lugar (132), o Rías Baixas Boiro é cuarto (129) e o Cambados, quinto con 126 puntos. Aos cadetes quedan por disputar dúas probas.
Na categoría infantil masculina, o Pontecesures é o que ocupa a primeira posición con 14 puntos, catro máis que As Torres Romaría Viquinga. O Portonovo é terceiro (131), Ribeiras do Tambre é cuarto (12/ e Ría de Aldán quinto con 127 puntos. A Cidade de Pontevedra é o líder na categoría feminina, con 140 puntos. Séguenlle o Pontecesures (136), Kaiak Tudense (131), Ribeiras do Tambre (131) e Breogán do Grove (127).
No kaiak de mar domina a Ría de Aldán, con catro puntos de vantaxe sobre o Cambados e seis sobre o Galventus O Muiño. O Bregan é cuarto e o Piragüismo Aldán, quinto.
Tomando como referencia os primeiros cinco lugares de cada clasificación, o As Torrres Romaría Viquinga e a Cidade de Pontevedra son os máis regulares. O primeiro deles é líder en cadete feminino, segundo en infantil masculino, terceiro en sénior feminino e quinto en sénior masculino e júnior masculino.
Os pontevedreses ocupan o primeiro lugar en infantil feminino e júnior masculino, segundo en cadete masculino, cuarto en júnior feminino e quinto en sénior feminino.
O Kaiak Tudense, o Pontecesures e o Breogán colocan a catro formacións entre as cinco primeiras. Os tudenses son líderes no sénior masculino, segundos no sénior feminino e terceiros en júnior masculino e infantil feminino.
O Pontecesures situouse como líder en infantil masculino, segundo en júnior masculino e infantil feminino e cuarto en sénior masculino.
Pola súa banda, o Breogán ocupa o terceiro lugar en sénior masculino, o cuarto en sénior feminino e kaiak de mar, e o quinto en infantil mascuklino.
E a Ría de Aldán domina en kaiak de mar e sénior feminino, ademais de ser quinto en infantil masculino.











