As escolas de marcha da Deputación de Pontevedra demandan máis disciplinas atléticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Os representantes da Federación Galega de Atletismo reuníronse esta mañá coa deputada provincial Begoña Estévez, para facer balance dos proxectos que se están desenvolvendo nas escolas de marcha da Deputación e das posibilidades de seguir medrando no ámbito deportivo. O presidente da Federación, Isidoro Hornillos, asegurou que as escolas de marcha “están a ser un rotundo éxito”. 

Máis disciplinas atléticas

Na actualidade o organismo provincial dispón de cinco escolas de marcha, nas que participan preto de 300 rapaces de 5 a 15 anos. 

A boa acollida que teñen estas escolas e os bos resultados acadados co traballo que se fai nelas, animou os dirixentes da Federación Galega a transmitir o seu interese por ampliar o abano de disciplinas atléticas que se ofertan nas escolas. Unha petición que, segundo Isidoro, está apoiada pola propia demanda existente entre os atletas.

Pista cuberta

Así mesmo, na xuntanza mantida esta mañá no Pazo provincial,  Begoña Estévez e os representantes da Federación tamén avaliaron outros proxectos de futuro que lle gustaría pór en marcha ó organismo deportivo.

Isidoro Hornillo asegurou que a Federación está a traballar na posibilidade de instalar unha pista cuberta de atletismo en Galicia e expresoulle á deputada provincial o seu interese en que esa infraestrutura poida estar en Pontevedra

7 de abril de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.