As entrada para o Rio Natura Monbus Obradoiro – Real Madrid poderán mercarse o sábado
O Rio Natura Monbus Obradoiro recibirá este domingo ao Real Madrid no Fontes do Sar (12.40 horas), actual líder da liga Endesa. Para os máis atrasados, e debido a que o venres é festivo e as oficinas permanecerán pechadas, o sábado pola mañá en horario de 10.00 a 14.00 horas as oficinas do club abrirán ao público para a venda de entradas.
Os prezos das mesmas son de 39 euros en Fondos, 45 euros en Tribunas 2, 59 euros en Tribunas 1 ou 75 euros en Tribunas Retráctiles. Quen prefira facelo desde casa, poderá comprar os seus tickets a través da páxina web do club en calquera momento do día: www.obradoirocab.com.
Os asistentes ao partido poderán pararse no hall de entrada principal na Miudiño Store, que unha vez máis, terá unha promoción exclusiva para o partido: o pack coas camisetas Maxia de Sar e Universidade a 15 euros. Tamén haberá unha caseta promocional da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide, onde poderán degustar ricas sobremesas como os melindres.











