As empresas que optan á praza do Hospital cumpren os primeiros requisitos do concurso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá a primeira mesa de contratación da nova praza diante do Hospital Provincial. Abriuse o sobre administrativo no que se puido comprobar que todas as empresas cumprían todos os requisitos, polo que procedeu a abrir o segundo sobre que recolle a solución técnica das empresas.

Esta documentación foi trasladada aos servizos técnicos que dende hoxe a estudarán para presentar unha proposta á mesa de contratación, antes de reunirse por segunda vez para valorar o último sobre do concurso no que se inclúe a oferta ecónomica.

Ademais foi admitida unha última empresa que anunciara a súa presentación por fax. Está adxunta neste último listado.

1. Naturgalia

2. Conservia Rehabilitación y Servicios

3. Obras, reformas y saneamientos

4. Construcciones Ramírez

5. Construcciones EC Casas

6. Stradia Infraestructura

7. Constructora Ediserpo

8. Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa

9. Abilleira CPA

10. UTE Acebi – Montajes JM Iglesias

11. Construcciones obras y viales

12. Excavaciones y obras Melchor

13. Hordescon S.L.

30 de abril de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.