As Cancelas móvese a ritmo de “bokwa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As Cancelas descubrirá este sábado o que é o `bokwa´ a quen aínda non o saiban. En realidade non se trata dunha modalidade de baile, pois non conta nin sequera cunha coreografía nin pasos previamente estruturados. Este novo programa consiste basicamente en debuxar letras e números cos pés mentres o participante se move ao ritmo da música con estilo libre.

A masterclass terá lugar na segunda planta do centro comercial e desenvolverase da man dunha das mellores formadoras neste novo deporte, Samira Talha. A mestura de boxeo e kwaito (danza africana) que caracteriza este tipo de exercicio  convérteo nunha actividade divertida, sinxela e en grao sumo saudable, pois a súa práctica permite queimar ata 1200 calorías por sesión.

A orixe do `bokwa´  atópase en Los Ángeles, ao asistir o seu creador, o Dr. Paúl Mavi, a unha clase de hip hop na que se viu incapaz de seguir. Desde entón, este tipo de danza adquiriu éxito ao tratarse dunha actividade que calquera persoa pode practicar, desde nenos ata persoas de idade avanzada que poidan desenvolver actividade física moderada e busquen unha forma orixinal de facer exercicio sen realizar un gran esforzo.

1 de abril de 2015 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.