publicidade hoxe

As campioas irmandiñas regresan á liga en Alcorcón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén retoma a competición ligueira este domingo, tras proclamarse campioas de Copa Galicia ante o Ourense Envialia (7-0) no descanso de Semana Santa. O seu destino será a complicada pista do AD Alcorcón FSF (Os Cantos, 12.30 horas), que pelexa por meterse en postos de Copa, dende a quinta praza (42 puntos).

Pechando o podio con 52 puntos, as pupilas de Iván Cao, Lucas, buscarán seguir coa súa boa etapa de resultados; perseguirán a quinta vitoria consecutiva fronte a un rival “con moita calidade individual onde destaca Anita Luján, unha das mellores xogadoras da liga, acompañada por exemplo de Andrea Feijoo” advertía o técnico laranxa. “É un equipo que polas súas individualidades debería estar máis arriba do que indica a clasificación; está preto de meterse en Copa e na casa fortalecerase máis” indicaba Lucas.

A única ausencia nas filas mariñás será Lara, que continúa recuperándose da súa escordadura de nocello. A expedición partirá mañá ás 14.30 horas.

Na primeira volta as burelistas impuxéronse por 3-2.

10 de abril de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.