publicidade hoxe

Artesáns de toda Galicia daranse cita na III Feira de Oficios en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía 2015, a Asociación de Artesáns do Val Miñor “Mestura”, en colaboración coa Concellaría de Cultura de Gondomar e a Escola de Cerámica de Gondomar organizan a III Feira de Oficios Artesáns para os días 11 e 12 de abril. O evento desenvolverase nunha carpa instalada ao seu efecto, na rúa Ángel Urzáiz.

A presentación e inauguración será o día 11 ás 12:30 horas. Esta Feira conta co apoio do escritor Pedro Feijoo experto en petroglifos e Xosé Lois Vilar, arqueólogo. Haberá conferencias, mesas redondas, talleres e demostracións de xoiaría, coiro, encaixe de bolillos e tala de madeira.

O domingo levarase a cabo o I Concurso de Torneiro Alfareiro, ás 16:45 horas haberá con un contacontos para facer as delicias dos máis pequenos, ás 18:00 horas do domingo na Casa da Cultura celebrarase unha charla “Luis Seone: O artista comrpometido coa súa terra” da man de Paula Mariño Pazo, mestra de pintura na EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo)e ás 19:00 demostración de Forno Rakú.

O público asistente poderá participar de forma activa nas demostracións en vivo dos oficios que levarán a cabo os artesáns.

De todas as mostras organizadas con motivo dos Días Europeos da Artesanía, esta será a máis grande de toda comunidade, durante estes dous días Gondomar acollerá a máis de 30 artesáns de toda Galicia traballando en vivo, en horario ininterrumpido dende as 11:00 horas da maña ata as 22:00 horas.

9 de abril de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.