Apertura dos prazos de inscrición nos cursos de oratoria e monitor de tempo libre en Mos
O Concello de Mos ten aberto o prazo de inscrición en dous cursos, un de oratoria e outro de monitor de tempo libre. O curso de oratoria consiste nun taller de formación sobre como falar en público con eficacia dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, estudantes, desempregados, ou calquera outra persoa interesada en mellorar as súas habilidades comunicativas. Os participantes deben estar preferentemente empadroados no Concello de Mos.
Esta actividade será realizada polo especialista en comunicación Javier Cebreiros e pretende concienciar da capacidade natural para falar en público con eficacia. A investigación e a aplicación práctica permiten observar como as persoas que expresan adecuadamente as súas emocións, teñen moito máis éxito cos seus mensaxes, independentemente da súa linguaxe corporal. Este curso busca reforzar os elementos máis importantes dunha boa exposición combinando teoría e práctica. Os temas máis importantes de este curso son: emoción, comunicación, persoa e sentido.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do Concello: www.concellomos.es O prazo de inscrición rematará o 4 de maio, para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada e unha copia do DNI. Unha vez entregada a documentación pertinente, farase a comprobación de que se cumpren os requisitos.O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello, e será publicada o 5 de maio. O pago realizarase entre o 5 e o 7 de maioa través de transferencia bancaria. O número de conta para facer o ingreso será publicado na lista de admitidos/as. O número mínimo para poder levar a cabo a actividade será de 8 e o máximo de 14. De non acadar o mínimo de participantes o curso suspenderase.
O programa levarase a cabo en 3 sesións, de 3 horas cada unha, no mes de maio. Estas sesións terán lugar os días 8, 15 e 22 do mesmo mes, de 19:00 a 22:00 horas.
O curso de Monitor de Lecer e Tempo Libre celebrarase do 11 de maio ó 26 de xuño de luns a venres en horario de 09:00 horas a 14:00 horas. Vai dirixido a toda a poboación maior de 18 anos posuidora do Graduado Escolar,tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Mos
O número de participantes debe ser como mínimo 15 e como máximo 25 por grupo.
Este curso impártese en colaboración coa Ludoteca Municipal do Concello de Mos nas instalacións da propia Ludoteca. A finalidade do mesmo é ofrecer a oportunidade de formación ós/ás veciños/as mosenses nun sector con amplas perspectivas de emprego.
Terá unha duración dun mes e medio, con horario intensivo de mañá. O total correspondente a esta fase teórica será de 200 horas. Sendo necesario realizar 150 horas prácticas en empresas para acadar o título final. As datas de celebración serán do 11 de maio ó 26 de xuño (de luns a venres de 09:00 horas a 14:00 horas).
As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Multiusos ou no Rexistro do Concello de Mos. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX ou no Rexistro Xeral do Concello de Mos.
O prazo habilitado para tal fin rematará o 6 de maio, transcorrido o cal publicarase o 7 de maioa lista de admitidos/as por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. Deberán entregar xunto coa solicitude unha copia do DNI e do Título de Graduado Escolar ou titulación superior a esta, a copia do carné xove ou tarxeta de demandante de emprego, no caso de posuíla, e unha foto carné. O pago realizarase entre o 7 e o 8 de maio.











