Apertura do prazo de inscripción para participar no programa “Benestar en Balnearios 2015”
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que está aberto o prazo para participar no Programa “Benestar en Balnearios 2015”, da Xunta de Galicia ata o próximo 14 de maio de 2015.
Os requisitos necesarios son:
a) Ser maior de 65 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroado e residir nalgún concello da comunidade autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condición de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu o da súa cónxuxe ou persoa con análoga relación de convivencia, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra “a”.
Tamén poderán participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% sempre e cando podan facer sen necesidade de apoio de terceiras persoas e se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpran os requisitos citados anteriormente, excepto o da letra “a”.











