publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para o curso de operador de carretas elevadoras en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Concellaría de Formación e Emprego do Concello de Gondomar, na actual programación de accións formativas para os seusveciños, organiza un curso de ‘Operador de carretas elevadoras’, en colaboración coa antena deGondomar da Cámara de Comercio de Vigo.

O curso, que dispoñerá de 20 prazas, é gratuíto e contará con 25 horas lectivas de duración onde se terán en conta, tanto aspectos teóricos como prácticos, coobxectivo de formar os traballadores sobre o manexo seguro de cargas, con carretas elevadoras, poñendo en práctica as técnicas expostas na parte teórica, detectando e corrixindo os riscos principais no seumanexo.

A formación impartirase do 20 ao 24 de abril, ambos os dous días incluídos
en horario de 9 a 14:00 horas e desenvolverase no Centro de Desenvolvemento Local do concello de Gondomar.

As persoas interesadas deberán cubrir unhasolicitude que terán á súa disposición no Centro de Desenvolvemento Local do concello, que deberán presentar entre o 13 e o 16 de abril, ambas as dúas datas incluídas. Terán preferencia aquelaspersoas que esteanempadroadas en Gondomar, as persoas que esteandesempregadas e inscritas na oficina de emprego e que contencunmaior período de desemprego. A xustificacióndestes requisitos entregarasexunto coa solicitude do curso

7 de abril de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.