Apertura do prazo de inscrición da EDF Cabanas
A Escola de Fútbol de Cabanas (Edf Cabanas) xa ten aberto o prazo de inscrición para todos aqueles nenos e nenas que desexen apuntarse de cara a próxima tempada 2015/2016. Tamén están abertos á inscrición de novos socios que queiran colaborar co seu proxecto formativo.
A filosofía da Edf Cabanas centrase en contribuír a unha infancia feliz dos rapaces, velando non só polo desenrolo deportivo dos seus participantes, senón tamén buscando transmitir os valores de deportividade e respecto. Dende a Edf Cabanas creen na importancia dos deportes de equipo, onde se busca de forma coordinada unha meta común. Do mesmo xeito apuntan que o fundamental nas categoría inferiores de deporte de base non é só gañar, senón tamén saber competir e saber perder, dando unha oportunidade a todos os integrantes de que xoguen e aprendan divertíndose.