Antonio Serrat proclámase segundo na carreira de Pascua de Padrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Durante o longo fin de semana celebráronse pola xeografía galega varias carreiras populares que contaron coa presenza dos atletas da Sociedade Ximnástica. O máis destacado foi a actuación de Antonio Serrat na carreira de Pascua de Padrón, acabando segundo nun percorrido esixente, que aínda que non tiña grandes ramplas fíxose duro pola distancia percorrido de máis de 13 quilómetros e que completou nun tempo de 42 minutos e 54 segundos.

Hai que resaltar tamén a actuación do Alevín da Ximnástica, Carolina Santos, que na categoría conxunta alevín e infantil, quedou segunda. Noutra carreira, a do Concello de Quiroga, Helena Suárez impúxose na súa categoría alevín feminina.

6 de abril de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.