Amizade celebra a súa XXII Asemblea Xeral Ordinaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A asociación Amizade celebrará pasado mañá, sábado día 25 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a súa Asemblea Xeral Ordinaria na que dará conta, diante dos seus socios e socias, das actividades desenvolvidas durante o ano 2014 e presentará o balance económico correspondente a dito ano, así como a proposta de actividades para o exercicio do 2015 e a renovación dos membros da Xunta Directiva. Dará comezo ás 11:30h e alongarase aproximadamente unha hora e media.

Amizade nace na comarca de Pontevedra co obxectivo de “Acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade”. Un obxectivo moi ambicioso no momento da creación da asociación, aló polo ano 1988, pero que lamentablemente segue presente hoxe en día xa que aínda queda moito camiño por andar ata lograr esa integración; para conseguir unha igualdade real entre todos os cidadáns e cidadás. Por isto é polo que Amizade segue existindo, e segue ofrecendo actividades e servizos que melloren as capacidades das persoas. E tamén segue concienciando á sociedade sobre a necesidade de crear contornas inclusivas que acollan á diversidade de persoas que existen, sen discriminación; algo que, se dúbida, enriquecería á sociedade.

A asemblea acudirán ao redor de 35 socios e socias dos 116 con que conta a asociación. Posteriormente, a maioría dos mesmos compartirán un xantar na cafetería do Pazo.

23 de abril de 2015 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.