publicidade hoxe

Amil López impartirá unha charla sobre alimentación saudable para a infancia en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

A nutricionista viguesa Amil López, creadora da dieta coherente  -que conta con mais de 15.000 adeptos-, impartirá o próximo 16 de abril ás 20.00h, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra de Miño, unha charla sobre alimentación saudable para a Infancia.

Con este programa  o que se pretende é sensibilizar ao participante sobre a importancia que uns bos hábitos de alimentación e a actividade física diaria teñen nas distintas etapas da vida, cuns obxectivos específicos:

– Comunicar as necesidades nutricionais nas distintas etapas

– Ensinar a distribuír os alimentos ao longo do día/semana, elaborar menús, substitución entre alimentos dun mesmo grupo, dende o punto de vista saudable e de aforro familiar.

– Aclarar certos mitos e erros sobre a Alimentación e Nutrición.

Tratando de facer un coloquio aberto a dudas ou a consideracións particulares.

Ademais sempre adaptando a dieta aos principais problemas, como poden ser manías e aversións alimentarias, catarros/Infeccións, Gastroenterites/diarrea, erupción dentaria …; así coa a adaptación ás principais alerxias e intolerancias como a intolerancia vs alerxia ás proteínas da leite, intolerancia á lactosa, alerxias ao ovo, pescado, froitos secos, enfermidade celíaca …

Ademais o próximo 23 de abril volverá a Salvaterra de Miño para impartir outra charla, neste caso  de alimentación para unha vida saudable, aberta a todas as idades e enfocada nos mesmos obxectivos que a primeira.

 

13 de abril de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.