Alfonso Rueda vincula a dimisión de Francisco Caamaño á situación do PSOE
O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, interpretou este luns que a renuncia de Francisco Caamaño ao seu escano no Parlamento pode obedecer ás “circunstancias políticas e a situación do seu partido”, o PSdeG. “Supoño que influirían”, reflexionou. Con todo, ao ser preguntado ao respecto polos xornalistas, desexou “sorte” ao exministro de Xustiza “na súa nova etapa profesional” como profesor na Universidade de Valencia. Dito isto, o número dous de Alberto Núñez Feijóo no Goberno galego e en Partido Popular sinalou que corresponde ao propio Caamaño “explicar as razóns da súa marcha”.











