publicidade hoxe

Alejandro Pérez do CM Canido leva o Trofeo Repsol de Optimist en augas de Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

Máis dun centenar de embarcacións da clase Optimist que engloba a nenas e nenos de 8 a 15 anos provinientes de toda Galicia citáronse en augas de Portosín para realizar a Regata Clasificatoria para o Ranking Nacional baixo o nome de TROFEO REPSOL – XIV REGATA BERBERECHO.

Co evento sumáronse 4 probas máis,  ao ranking autonómico co dominio de Alejandro Pérez do CM Canido, seguido de Jacobo Garcia e Alba Trigo do RCN Sanxenxo, que ademais de dominar a xeral son os vencedores da clase A (2001- 2002).  
Na clase B (2003-2004) subiron ao podium Ricardo Fernández do CM Canido, Yago Castro e Yago Barca ambos do RCN Sanxenxo. 
Na clase C (máis de 2005) primeiro Bruno Bejerano do RCN Sanxenxo, segundo Pablo Rodríguez e terceiro Lucas Jiménez, ambos do RCN Rodeira.

No plano local Pablo Oliver do RCN Portosín terminou cumprindo os seus obxectivos impostos nunha máis que meritoria 10ª posición asinando dúas 6 como mellor resultado particial seguíronlle os seus compañeiros  Julio Tojo e Roque Rodríguez nas posicións 33 e 35 respectivamente. Paula Fernandez foi a mellor muller do equipo no posto 47.

No Grupo Azul co obxectivo de subir ao Grupo Amarelo, situouse primeiro Pablo Rodríguez do RCN Rodeira. En leste mesmo grupo Candea Negreira do RCN Portosín conseguiu un 1 na terceira proba do día despois dunha magnífica saída.

20 de abril de 2015 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.