Alejandro Pérez-Canle lévase o VIII Trofeo Granitos Ibéricos do Marítimo de Canido
O regatista local Alejandro Pérez-Canle, do Marítimo de Canido, proclamouse brillante vencedor da VIII edición do Trofeo Granitos Ibéricos, unha cita deportiva que reuniu este fin de semana en Vigo a 200 regatistas das clases Optimist e Láser chegados desde todos os recunchos de Galicia, Comunidade de Madrid, Comunidade de Castela e León, Azores, Portimao e O Porto, estas tres últimas, rexións e cidades de Portugal.
Pérez-Canle lideraba a regata granitera desde o primeiro día, no que o regatista que pertence ao equipo de regatas do club anfirión, colocábase primeiro na listaxe da xeral, aguantando o tirón do segundo día, onde os seus parciais consolidaban o seu éxito no trofeo, con 6 puntos.
Segundo situábase o luso Pedro Coelho, do Clube Vea Atlántico, con 8 puntos. E terceiro, pechando o caixón absoluto da categoría infantil, facíao Martín Wizner, do Real Club Náutico de Sanxenxo, con 10 puntos.
Vencedora na categoría B do Optimist era Beatriz Gago, do Clube de Vela de Portimao, mentres que na C o triunfo era para Tiago Lima, do Club de Vela Viana do Castelo.
En Láser Standard, o titular do podio foi o portosinense Daniel Álvarez, do Real Club Náutico Portosín. O posto prata era para Eduardo Reguera, do Club Marítimo de Canido. E o bronce para Rafael Campelo, do Real Club de Mar de Aguete.
En Radial o Trofeo Granitos Ibéricos levoullo Álvaro Sobral, do Club Marítimo de Oza “O Puntal”. Segundo foi Nicolás Vázquez, tamén de O Puntal. E terceiro Alberto Basadre, do Marítimo de Canido.
En 4.7 o triunfo era para Roberto Bermúdez de Castro, do Real Club Náutico da Coruña. A segunda posición adxudicáballa Tirso Cerqueira, do Club Marítimo de Canido. E a terceira praza Jorge Juan Tabara, tamén do náutico coruñés.
Esta segunda xornada do Trofeo Granitos Ibéricos disputouse baixo unhas condicións ideais de vento e mar, moi diferentes ás do primeiro día da regata.
A entrega de premios celebrouse ás cinco e media da tarde, contando coa presenza do Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; a do presidente do Club Marítimo de Canido, Mauro Olmedo; e a de Vicente Carneiro, director xeral de Granitos Ibéricos, entre outras autoridades.











