AFAL Ferrolterra contribúe á formación de estudantes do IES Leixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Charla sobre Afal Ferrolterra

Charla sobre Afal Ferrolterra

A presidenta de AFAL Ferrolterra, Milagros Prieto Gondell, e a directora do centro educativo IES Leixa da cidade naval, Ana María Roel Ares, subscribiron un convenio a través do cal a asociación colabora co instituto facilitando que os seus alumnos completen a fase práctica da súa formación. Deste xeito, catro estudantes do ciclo Atención a persoas en situación de dependencia realizan prácticas nos centros de día xestionados por AFAL en Ferrol (situados na rúa Río Castro e nas instalacións da antiga Casa do Mar; neste último caso, centro da Rede Pública de Alzhéimer).

Os estudantes comezaron o pasado 23 de marzo un período formativo que se prolongará ata o próximo 19 de xuño. Unha liña de colaboración que asociación e centro educativo manteñen desde hai tempo.

6 de abril de 2015 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.