publicidade hoxe

Acebe CCA organiza unha xornada sobre comercio electrónico para o sector empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

ACEBE CCA organiza o vindeiro luns 13 de abril unha xornada informativa titulada “Cómo levar o teu negocio a internet e conseguir vendas”. Esta sesión está dirixida a comerciantes, autónomos e empresas que estean interesados na posibilidade de aproveitar Internet para mellorar a captación de clientes ou o servizo que lles ofrece.

A xornada celebrarase ás 20.45 h no Salón Azul do Liceo de Betanzos e ten como obxectivo principal proporcionar aos asistentes un coñecemento básico de cómo internet pode mellorar a súa empresa dende un punto de vista comercial, abranguendo desde a captación de novos clientes, a venda online, a mellora dos servizos ou a fidelización de clientes. O groso da charla centrarase no comercio electrónico e trataranse aspectos importantes como a consultoría de e-commerce, a mercadotecnia ou a analítica web.

A charla será impartida por Estudio Seijo e terá unha duración aproximada de 60 minutos cun coloquio ao finalizar, tentando solucionar todas as dúbidas que poidan xurdir con motivo da exposición.

A entrada é libre ata completar aforo.

10 de abril de 2015 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.