Abril será o mes dos libros na Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización dun ciclo de actividades culturais e lúdicas ao longo das próximas semanas baixo o nome ‘Abril, mes dos libros’.

– Contacontos e manualidades “O xigante sen corazón” (10 de abril, de 18 a 19.30 horas). A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de xigantes e como manualidade un corazón de cartolina. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624 (desde hoxe 06 de abril).

– Visita dos/as alumnos/as do CEIP Princesa de España á Biblioteca de Verín (14 e 15 de abril, de 11.30 a 12.30 horas). Visita guiada pola instalación, na que coñecerán o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano.

– Contacontos e manualidades “Animais de conto” (17 de abril, de 18 a 19.30 horas). A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e como manualidade monicreques de cartolina. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624 (desde o luns 13 de abril).

– Presentación da obra “Vaivén de recuerdos” de Doli Pereira (23 de abril, ás 19.30 horas). Coincidindo co Día do Libro terá lugar a presentación do libro desta autora novel, na que realizará unha viaxe da man de poemas escritos para os/as seus/súas amigos/as nas primeiras situacións da vida. É un canto á amizade, amor e, por suposto, ao desamor. Entrada libre.

– Contacontos e manualidades “Día do Libro” (24 de abril, de 18 a 19.30 horas). A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade os/as máis pequenos/as confeccionarán un marcapáxinas de cartolina e goma eva. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono       988-413624 (desde o luns 20 de abril).

– Relatorio “Os Maios” a cargo de Clodio González Pérez e José Luis Cruz (30 de abril, ás 19.30 horas). Estes dous expertos na nosa etnografía realizarán unha aproximación histórico-antropolóxica ao ciclo dos Maios. Entrada libre.

6 de abril de 2015 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.