Ábrese o prazo de inscrición do obradoiro de cociña “Pequechef” para menores entre 4 e 12 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez, abre hoxe o prazo de inscrición para participar na nova edición do obradoiro “Pequechef”, dirixido a menores entre 4 e 12 anos. As solicitudes poderán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, e o período de formalización se prolongará até o día 16 -para os menores de 4 a 6 anos- e até o día 23 -no caso de nenos entre 7 e 12 anos-.

Esta segunda edición responde á boa acollida da primeira e a importante demanda de prazas polo que os nenos/as participantes no obradoiro que tivo lugar o pasado mes de febreiro quedarán automáticamente excluídos. A master class, impartida polo chef Damián Alonso, se celebrará en dúas sesións dependendo da idade dos participantes e contará cun total de 30 prazas, 15 en cada sesión.

Así as cousas, a actividade de cociña para os nenos/as de 4 a 6 anos se realizará o sábado 18 de abril, mentres que os menores entre 7 e 12 anos desenvolverán esta master class o día 25. “Pequechef” se desenvolverá no Mercado de A Magdalena e dará comezo ás 11:00 horas coa presentación e entrega do material e continuará cun percorrido polas instalaciíons para que os menores merquen os alimentos para realizar a receta. Ás 12:00 horas comezarán a cociñar o seu menú para despois degustalo. E por último, os pequenos recibirán un diplomas que acreditará a súa participación en “Pequechef”.

7 de abril de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.